Вход на сайт

Просмотр новости

Найдите то, что Вас интересует

Iago Aspas, homenaxeado na Gala do Deporte da Deputación de Pontevedra

Дата публикации: 23-10-2026 20:19:54

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta, Luisa Sánchez, recoñeceron este venres a figura de Iago Aspas como un dos grandes referentes dos valores que promove a provincia do deporte con motivo da celebración da Gala do Deporte que organiza cada ano a institución provincial e que, nesta ocasión, rendeu homenaxe ao capitán do Celta. O retraso na viaxe do equipo vigués dende Glasgow impediu que Iago estivese presente. Foi representado polo seu irmán Pablo e por Atilano Vecino.

Основное содержимое страницы с новостью.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta, Luisa Sánchez, recoñeceron este venres a figura de Iago Aspas como un dos grandes referentes dos valores que promove a provincia do deporte con motivo da celebración da Gala do Deporte que organiza cada ano a institución provincial e que, nesta ocasión, rendeu homenaxe ao capitán do Celta. O retraso na viaxe do equipo vigués dende Glasgow impediu que Iago estivese presente. Foi representado polo seu irmán Pablo e por Atilano Vecino.

Baixo o lema «Son porque somos», a Deputación puxo en valor a contribución dos deportistas, dos clubs, das institucións e das familias para construír, entre todos, a provincia do deporte. «Somos unha provincia que respira deporte polos catro puntos cardinais e na Deputación nada nos comprace máis que acompañar a vosa misión, apoiar os vosos proxectos e desfrutar dos vosos éxitos. Ese é o noso obxectivo e o que está detrás dos catro piares que sustentan a nosa aposta pola provincia do deporte», afirmou o mandatario provincial para pechar unha gala á que asistiron máis de 700 persoas estreitamente relacionadas co ámbito do deporte provincial.

Luisa Sánchez, Atilano Vecino, Pablo Aspas e Luis López.

Luisa Sánchez, Atilano Vecino, Pablo Aspas e Luis López. / Jose Lores

Por segundo ano consecutivo, a Deputación escolleu o Ifevi. Conducida polos comunicadores Raquel Doiro (Pitu) e Rafa Valero, o evento contou con grandes deportistas da provincia como a piragüista Teresa Portela, o patinador Chevi Guzmán ou a ximnasta Melania Rodríguez. A vicepresidenta Luisa Sánchez foi a encargada de darlle a benvida a todos os asistentes e poñer en valor o papel que desempeñan clubs, corpos técnicos, familias, amizades e mesmo rivais no crecemento profesional dos deportistas. «Ningún deportista chega lonxe por si só, hai que poñer en valor o papel de todas as persoas que acompañan as traxectorias deportivas, tamén aquelas que non soben ao podio», subliñou Sánchez.

A gala estruturouse en catro bloques estreitamente relacionados coa provincia do deporte como son os grandes eventos deportivos, os programas de apoio da Deputación aos clubs, a creación de eventos propios por parte do organismo provincial e, finalmente, a homenaxe aos deportistas personificados na figura de Iago Aspas.

Elaboración do cadro en directo.

Elaboración do cadro en directo. / Jose Lores

Luis López destacou a aposta estratéxica polo deporte que, en materia de instalacións deportivas de titularidade municipal tradúcese no investimento de 28M€ por parte da Deputación nun total de 278 equipamentos dos 61 concellos da provincia, incluídos estadios como Balaídos ou Pasarón. Un compromiso que, a través do programa Prodeporte, se amplía en 1,8 millóns de euros para mellorar as instalacións dos clubs entidades. Un dos momentos singulares foi o anuncio dun novo perfil oficial de Instagram, unha plataforma chamada @provinciadodeporte.

Схожие новости

#Наименование новостиТональностьИнформативностьДата публикации
1 Aspas: "El segundo gol nos hizo mucho daño" -3609-04-2026
2Una avería en el avión retuvo al Celta en Glasgow04.6223-10-2026
3Almonte rinde homenaje a sus grandes referentes culturales en una gala cargada de emoción y talento05.7923-10-2026
4El mensaje de su entrenador que hizo llorar a Borja Iglesias tras su debut en un Mundial0509-07-2026
5Messi agranda su leyenda con el Premio Princesa de Asturias de los Deportes07.4823-10-2026
620:00H | 20 JUL 2026 | La Linterna07.9621-07-2026
7Patti Smith, Totoro y Leo Messi protagonizan los Premios Princesa de Asturias 202606.5523-10-2026
8Conor McGregor heaps praise on Cristiano Ronaldo and brands him the 'greatest ever player'... as sports stars react to the Portugal captain's penalty miss meltdown against Slovenia05.4902-07-2024
9Homenaje a Blas Infante en Sevilla con la ausencia de Vox01010-08-2026

Классификация: Спорт. Схожих патентов: 0. Схожих новостей: 9. Тональность: 0. Информативность: 4.93. Источник: www.farodevigo.es.