Вход на сайт

Просмотр новости

Найдите то, что Вас интересует

Esperanza Aguirre: «A miña nai cantábanos ‘A Rianxeira’ de pequenos»

Дата публикации: 19-01-2026 05:01:17

A miña gran cidade: Corazón galego retoma e pecha esta noite (22.50 horas) na TVG o proceso galeguizador de Esperanza Aguirre pola comarca do Ribeiro, da man da presentadora Silvia Jato. Tres experiencias decisivas agardan á madrileña para poñela a proba na súa conquista do carné de Corazón Galego.

Основное содержимое страницы с новостью.

A miña gran cidade: Corazón galego retoma e pecha esta noite (22.50 horas) na TVG o proceso galeguizador de Esperanza Aguirre pola comarca do Ribeiro, da man da presentadora Silvia Jato. Tres experiencias decisivas agardan á madrileña para poñela a proba na súa conquista do carné de Corazón Galego.

A cuarta parada leva o dúo ao corazón do viño do Ribeiro, na adega Casal de Armán, onde Nolo Giráldez, xerente do complexo, explícalle como se prepara a cepa tras a vendima. «Temos que facer un equilibrio da planta», indica, precisando que a poda debe facerse «nun día que non sexa de moita chuvia, solleiro mellor», porque «non convén o exceso de humidade». Esperanza Aguirre observa as viñas e reacciona con entusiasmo: «Que bonito isto, que marabilla!».

Nolo Giráldez detense tamén na idade das cepas, algunhas de 25 anos, e no respecto co que hai que tratar a uva cando está madura. Esperanza reivindica o produto: «En España temos os mellores viños do mundo». Xa no interior da adega, a política non para de preguntar sobre os detalles deste laborioso proceso, cheo de precisión e boa man. E despois de velo, toca catalo, pero Aguirre advirte con humor: «Pouco que estou en xaxún!». Un groliño e a madrileña queda fascinada co caldo ribeirán: «A min non me parece que lle falte nada. Está estupendísimo».

Nolo lembra que «o Ribeiro é a denominación de orixe máis antiga de Galiza» e amosa ás súas dúas visitantes un viño que chegou a probar o papa Xoán Paulo II. Silvia Jato, pola súa banda, insiste: «Hai que mandar sempre unha mensaxe de consumo moderado, menores nin unha gota». «Unha cousa é beber e outra, abusar», resume a lucense, responsable de relacións institucionais da Fundación Alcohol y Sociedad e comprometida coa causa.

De camiño á seguinte experiencia, xa na furgoneta, Silvia explícalle a Esperanza o sistema de socalcos e terrazas dos vales do Miño e do Sil e comenta algúns dos viños galegos máis recoñecidos. «Obama puxo godello nunha cea importante cando era presidente», saca peito a lucense.

Para a quinta experiencia viaxan ao Bar Os Faroles, en Cenlle. O grupo Cuncas de Son recíbeas coa Foliada de Carril e Justo, integrante do grupo, exerce de voceiro.

Explícalle a Esperanza Aguirre que son as cuncas e en que consisten os cantos de taberna. «Non hai localidade que non teña o seu grupo», afirma. «O canto de taberna existiu sempre; cantábase no campo, na seitura ou na vendima. Traballábase, pero tamén se cantaba».

Esperanza recoñece que nunca estivera nunha taberna galega e sorprende ao lembrar a súa infancia: «A miña nai, que ten 97 anos, cantábanos a todos a Rianxeira. Eramos oito irmáns e para ternos tranquilos cantábanos cancións rexionais». O grupo arrinca coa Rianxeira, un dos nosos himnos non oficiais, e Esperanza bota a cantar e demostra que coñece ben a letra. Silvia queda de pedra: «Sorprendeume moitísimo que soubese cantar A Rianxeira». A visitante presume con orgullo: «Os Aguirre Gil de Biedma cantamos sen parar». Antes de marchar, Justo convida a volver cando queira e reivindica o país: «Galicia é especial, receptora para todo o mundo! Temos que presumir do que temos». A despedida ao ritmo da Ribeirana de Vigo.

Augas termais

No traxecto cara á última experiencia, Silvia pregúntalle que é o primeiro que lle vén á cabeza ao pensar en Galicia. Esperanza non dubida: «A xente, que é encantadora. E a comida! Valoro moito as cousas de Galicia». A sexta e derradeira experiencia ten lugar no Balneario de Laias, á beira do Miño. Silvia explícalle os beneficios das augas termais, mentres Alberto Canal, responsable de Comunicación, achega os datos técnicos. «Son augas con 10.000 anos de antigüidade», sinala. «Saen a 52 graos da profundidade, son augas hipertermais».

Alberto lembra tamén que xa eran utilizadas polos pobos castrexos e que están recomendadas para doenzas dermatolóxicas e reumatolóxicas. Esperanza móstrase curiosa e pregunta polo proceso de mineralización das augas. Tamén sorprende ao recoñecer que nunca estivera nun balneario. «Este balneario é unha marabilla», comenta a madrileña. A visita complétase cun tratamento: peeling, máscara hidratante de arroz para as mans e masaxe de pés. Silvia, rendida ao momento, comenta entre risas: «Non o creo: eu calada!».

Noticias relacionadas

Rematadas as seis experiencias polo Ribeiro, chegan as valoracións finais. As notas xa están postas, pero a decisión definitiva é só da lucense. Esta noite, ás 22.50 horas, saberase se Esperanza Aguirre consegue o seu carné de Corazón Galego.

Схожие новости

#Наименование новостиТональностьИнформативностьДата публикации
1Telecinco recupera el corazón puro y el culebrón Cantora en el estreno de sus nuevas tardes05.4905-07-2026
2Ramón García: «'El Grand Prix' da visibilidad a pueblos que nunca aparecen en televisión»012.7112-07-2026
3Raquel Sánchez Silva: «RTVE entendió perfectamente que haya hecho un formato para Mediaset»07.619-07-2026
4¿Podría el actor gallego Luis Zahera imitar un acento andaluz? Le han puesto a prueba05.7809-10-2026
5Betanzos adjudica las obras para transformar el corazón de A Condesa04.7829-09-2026
6La Gala Floral de Torrelavega toma el domingo la Avenida de España con ocho carrozas09.2821-08-2026
7Santiago Segura: «'MasterChef' es el programa más duro al que he ido y en el que mejor me lo he pasado»06.226-09-2026
8Belén Esteban regresa a Telecinco tres años después del final de 'Sálvame'08.6224-09-2026
9Galbaixoak borobiltzeko Galbaixotarren Eguna ospatuko dute igande honetan01018-09-2026

Классификация: . Схожих патентов: 0. Схожих новостей: 9. Тональность: 0. Информативность: 7.4. Источник: www.laopinioncoruna.es.